Intercambios
¿Tes entre 13 e 25 anos e resides nun país membro da Unión Europea? Pois xa podes participar nestes intercambios por medio do programa “Xuventude en Acción”. O programa busca sobre todo a participación de xente nova con menos oportunidades sociais e apoiaranse especialmente aqueles proxectos que inclúan a dous ou mais países dentro dos intercambios.
Recorda que o fin esencial de todo este traballo é coñecernos mellor os uns os outros e por iso é importante que nestes proxectos estén integrados chicos e chicas de diferentes oríxes sociais, culturais i económicos.
Recorda por último que o intercambio pode durar entre seis e veintiún días. O número de participantes oscilará entre oos 16 como mínimo e sesenta como máximo.
Ademais, dependendo do lugar de celebración do intercambio, os proxectos serán :
De envío. Si se celebra nun país fora do nosto.
De acollida. Si o encontro realizase no noso país.
Dependendo do número de países participantes podemos diferenciar:
Intercambios bilaterais. Aqueles nos que están implicados soamente dous países.
Intercambios multilaterais. Organizados por grupos de xente nova de tres ou máis países participantes no programa.















