O día 03 de xullo de 2010, ás 11h30, haberá a inauguración da nova Casa da Xuventude (nosa casiña azul), onde a partir deste verán desarolleramos actividades da mocidade temporales e permanentes ( exposicións, obradoiros, conferencias, etc.) Tamén será o punto de contacto para os proxectos de voluntariado e as iniciativas europeas!



PROGRAMACIÓN DE OUTONO
1.- Coversación inglés
nivel básico: mércores as 20:00 h
nivel avanzado : xoves 20:00 horas
2.- Conversación Alemán
nivel básico
reunión o dia 19 de outubro 19:30 na casa da Xuventude de Ribadavia (porta nova de abaixo nº 9)
3.- A partir de novembro proxección de películas en Inglés subtituladas no Club Artístico de Ribadavia e video forums. Preinscripción no Club Artístico de Ribadavia
4. Intercambio Internacional en Italia do 26 de novembro o 3 de decembro =
intercambio relacionado co arte contemporáneo = buscamos 2 mozos e unha moza
5. – Forum local en Ribadavia : “Oportunidades para ser voluntariado: unha cidadanía sostible” 8 de outubro de 2010 na casa da cultura a partir das 10:00 horas:
Encontro sobre oportunidades de voluntariado na Comunidade Autónoma, en Ribadavia i en Europa ( ventaxas por ser voluntario, formación sobre voluntariado, programas de voluntariado existentes – ámbito cultural, social, ambiental, deportes…). Charlas a cargo de técnicos da Xunta de Galicia, Aneve , o Concello de Ribadavia e entidades locais
6. Seminario Internacional en holanda do 18 al 24 de outubro de 2010
7. Exposición de fotografía de 6 moz@s da comarca do ribeiro dentro da programación de Outono Fotográfico a partir do 30 de Outubro de 2010
8.- Mosaico Creativo en Ribadavia : recuperación de espazos de maneira creativa coa colaboración da mocidade de Ribadavia. Dias 28 ao 30 barrio de San Francisco de Ribadavia