Comproba os últimos artículos:

cartel-sve-copia2
SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO
O Servizo de Voluntariado Europeo ofrece a xente nova de entre 18 e 30 anos a
posibilidade de realizar unha actividade de voluntariado entre 2 e 12 meses nun
país distinto o seu país de residencia. O obxetivo de SVE é desarrollar a solidariedade
e promover unha cidadanía activa e un entendemento mutuo entre a mocidade.
O SVE ofrece o voluntario unha experiencia de educación non formal e  facilitalle
o contacto con outras culturas e outros idiomas para que experimenten novas ideas
e proxectos nunha sociedade multicultural, mentras que contribuen o desenvolvemento
de proxectos locais no ámbito do social, medioambiental ou cultural.
O programa cubre a viaxe internacional, seguro, aloxamento, manutención, apoio, cartos de bolsillo
(variable segudo país), transporte local e formación lingüística.

http://www.juventudenaccion.migualdad.es/opencms/opencms/programa/acciones/sve

Perfil do Voluntari@:

  • Ter  entre 18 e 30 anos
  • Residente legal nun país participante do programa ou asociado (ver a Guía del Usuario)
  • Interesado nunha experiencia de ciudadanía activa e educacional non formal
  • Disposto a desenvolver as súas capacidades, adquirir habilidades e destrezas de carácter social,intercultural e de enriquecemiento persoal.

Consellos para atopar un proxecto SVE

Esto non é unha receta máxica nin unha norma a seguir, só uns consellos que, hata ahora, deron resultado.

  1. Poñerte en contacto con OMIX. Esta entidade  axudarache a buscar un proxecto (”axudar” non significa que vos dará unha lista de proxectos a escoller. Significa que no proceso de búsqueda de proxectos ofreceranche o seu apo¡o e asesoramento). Para atopar unha entidade de envío hai unha base de datos coas organizacións acreditadas
  2. Decidir por onde comezar a buscar proxectos. Hai tres opcións (polo menos):
    • Buscar por zonas o países (por exemplo: estou interesad@ no norte de Europa, o en Italia).
    • Buscar en función do tipo de proxecto (por exemplo: quero facer un proxecto con persoas cunha minusvalía física)
    • Combinar a) e b)
  3. Ter claro o que queres. Pode parecer unha obviedade, pero…
  4. Comezar a buscar. Recorda que a organización de envío está para axudarte neste proceso.
  5. Seleccionar varios proxectos que te resulten interesantes. O normal é que non te seleccionen no primeiro proxecto que escollas, así que mellor que te vaias facendo a idea de que conven ter varias opcións e non pecharse en banda a un só proxecto ou lugar.
  6. Redactar un CV e unha carta de presentación para cada proxecto da túa  interese.
  7. Envío de correos electrónicos / cartas as posibles Entidades de Acollida. O de sempre, tira da túa Entidad de Envío.
  8. Ter paciencia. Hai moitas Entidades de Acollida que non contestan (para ben ou para mal) aos correos electrónicos, cartas ou chamadas de teléfono, ou simplemente non existen tales correos ou números de teléfono. Pero si unha Entidad de Acollida nin sequiera se molesta en contestar un simple e-mail, ¿de verdade crees que é interesante facer un proxecto con eles?

flyer2